Preséntase o iPhone 6 con dous tamaños de pantalla
martes, 9 de setembro do 2014
Esta tarde millóns de miradas apuntaban ao Flint Center de
Cupertino, onde esperábase que Apple presentara o seu novo teléfono, o iPhone 6, e finalmente os
numerosos rumores e filtracións dos últimos meses confirmáronse, de xeito que
esta última keynote tivo realmente
poucas sorpresas (que limitábanse practicamente ao nome que Apple daba aos
produtos, que en varios casos abandonaron o prefixo i- para empregar como prefixo a palabra Apple).
Deste xeito Apple está a preparar a renovación dos seus smartphones, que desta
volta atrévese con 2 tamaños de pantalla: as 4,7 polgadas do iPhone 6 e as 5,5
polgadas do iPhone 6 Plus, cunhas resolucións de 1.334 x 750 pÃxeles e 1.920 x
1.080 pÃxeles respectivamente, no que dan en chamar resolución Retina HD,
prometendo tamén un maior e un maior ángulo de visión nestas pantallas (mentres
que os competidores de Apple hai tempo que superaron tal densidade de pÃxeles).
O corazón da máquina tamén se actualizou, e os novos iPhone 6 funciona con
arquitectura de 64 bits cun procesador A8 e un co procesador de movemento M8,
que prometen un grande rendemento e unha boa eficiencia, coidando que a
autonomÃa dos terminais fose o mellor posible (aseguran que poden aguantar até
11-12 horas de navegación Wi-Fi).
No tocante á cámara, Apple fuxe da guerra dos megapÃxeles, e mantén os 8
MpÃxeles, aÃnda que mellorando a gravación de vÃdeo con enfoque automático continuo,
estabilización de imaxe de alta calidade e gravación en cámara lenta de até 240
cadros por segundo. A cámara FaceTime, pola súa banda, limita a súa mellora a
unha detección facial máis precisa e á posibilidade de aplicar HDR tamén a
vÃdeo.
A nivel de conectividade o iPhone 6 tamén soporta máis bandas de LTE, para
poder conectarse á Internet á mellor velocidade dispoñible nos distintos paÃses
nos que hai conexións 4G, mellora o Wi-Fi engadindo soporte de Wi-FI AC e corrixe
unha importante carencia dos iPhone, como era a ausencia de NFC.
O iPhone 6 terá un grosor de 0,69 centÃmetros, un peso de 129 gramos e
capacidades de 16, 64 e 128 Gb a prezos de 699, 799 e 899
euros respectivamente; mentres que o iPhone 6 Plus terá un grosor de 0,71
centÃmetros, un peso de 172 gramos e un prezo 100 euros superior aos do seu
irmán pequeno nas súas distintas capacidades de almacenamento interno. Chegarán
en cor prata, ouro e gris espacial e tamén terán dispoñibles como accesorios as
súas correspondentes fundas de silicona ou de pel.
- A potencia mellorada do iPhone 6 permitirá un mellor desempeño dos videoxogos
- Comparativa de tamaños entre o iPhone 5S e os novos iPhone 6
- Ao iPhone 6 non lle faltarán fundas a xogo
VÃdeo de presentación do iPhone 6 e o iPhone 6 Plus