Relatorio de Richard M. Stallman en Vigo o vindeiro día 30

mércores, 15 de abril do 2009 Marcus Fernández

O vindeiro 30 de abril ás 16:00 horas terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo un relatorio impartido por Richard M. Stallman, quen falará sobre o movemento do Software Libre (do que é un dos seus principais promotores) e do perigo das patentes (tema do que xa falara no mesmo lugar en 2005).
Este evento organizado polo Máster de Software Libre Caixanova é de entrada libre, aínda que os interesados en asistir deberán inscribirse a través dun formulario web. A conferencia de Stallman tamén está a promoverse a través de Facebook.

PUBLICIDADE