Unha aplicación galega para iPad facilita a aprendizaxe de idiomas
mércores, 25 de maio do 2011
Entre
os proxectos finalistas da
categorÃa Mellor idea de negocio 2.0 –
mellor start-up galega da I Edición dos Premios INNOVA-G 2010 figuraba
Binaurality, un método para a aprendizaxe de idiomas baseado na escoita
binaural, accesible en formatos portátiles para o seu aproveitamento en
reprodutores de MP3, teléfonos móbiles… e agora tamén no iPad, pois nos últimos
dÃas incorporouse á App Store a aplicación
Escucha y Aprende inglés, que pode
adquirise por 2,39 euros e que inclúe unha serie de leccións que consisten
en escoitar simultaneamente frases en inglés e o seu equivalente en español a
través de locucións tecnicamente estudadas e deseñadas cun volume especÃfico
para facilitar a escoita.
É preciso empregar auriculares para poder gozar desta aplicación que, ao empregarse
nun dispositivo doado de transportar, facilita o aproveitamento do noso tempo
libre para a aprendizaxe de idiomas.
Aparte desta versión para que usuarios hispanofalantes aprendan inglés tamén
teñen a súa versión inversa, Listen
& Learn spanish, que emprega o mesmo método para a aprendizaxe do
español.
- Para o uso desta metodoloxÃa de aprendizaxe de idiomas é preciso empregar auriculares