A fenda tecnolóxica, como moitos outros problemas de Galiza non unha cuestión que se poida resolver con iniciativas a título individual. Fai falla pechas ringleiras, e para iso tamén é necesario unha actividade conxunta. É nesa liña onde se sitúa o compromiso de traballo ombro con ombro que veñen de establecer a Consellería de Innovación e a Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións (AETIC). Segundo informa esta organización, a primeira xuntanza celebrouse o 26 de setembro en Santiago, onde as dúas partes coincidiron na necesidade de concentrar esforzos a prol de afianza-la presenza das novas tecnoloxías en Galiza, nos sectores sociais e de asistencia, produtivos, turísticos, educativos ou sanitarios.Ademais (engade a asociación) tamén fixeron fincapé na importancia das empresas TIC como “catalizadoras do desenvolvemento de industrias tan salientables en Galiza como as dos sectores naval, pesqueiro, conserveiro ou téxtil”. Esta toma de contacto prevese a primeira dunha frutífera serie de actividades de cooperación. Cómpre subliñar que AETIC é unha asociación a nivel estatal e que abrangue a 300 empresas do sector das TIC. En Galiza está representada por firmas como Arteixo Telecom, Asesoría Informática Gallega, Coremain, Egatel, R, Itelsis, Softek ou Telelevés.
A Consellería de Innovación e AETIC traballarán conxuntamente contra a fenda dixital
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Altia contribúe á restauración dos fondos mariños de Sálvora
4 Min de Lectura
Amazon redeseña por completo a gama Kindle
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Preto do 70% das empresas tecnolóxicas galegas emprega a intelixencia artificial ou incorpóraa aos seus produtos e servizos
- A Xunta e as empresas do Novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en Tecnoloxía
- Os centros educativos galegos poden inscribirse ata o 5 de outubro na VI edición de ‘Ciberseguridade no Cole!’
- A Xunta destaca o modelo de goberno da IA en Galicia, que garante a reserva de humanidade, a transparencia e o control dos sistemas que emprega a Administración
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
