France Télécom unifica finalmente as súas marcas Amena, Wanadoo, Uni2 e Equant en España, de xeito que responden dende o pasado luns ó nome de Orange, de xeito que conforman unha oferta unificada para reforzar a súa imaxe.
Agora, Orange aglutinará baixo unha única marca negocios de telefonía fixa, móbil, Internet e televisión, polo que pode estar á altura doutros operadores globais coma Telefónica.

Ademais, France Télécom quere ser o principal investidor estranxeiro no sector das telecomunicacións, comprometéndose a achegar 1.500 millóns de euros a España nos vindeiros 3 anos.
O presidente e conselleiro delegado do grupo France Télécom, Didier Lombard, durante a presentación de Orange destacou que España é “un país chave” para a compañía francesa e que suporá “melloras no servizo e produtos innovadores, que faciliten a vida e os negocios” para os seus 12 millóns de clientes que teñen na actualidade.
Orange chega a España
Compartir Este Artigo
