
No seu portal en Internet hai estupendas opcións de diálogo con cataláns, vascos e castelanfalantes en xeral, mais por máis que damos voltas co punteiro do rato pola pantalla non atopamos a opción do galego.
Segundo fixeron saber a Código Cero diversos usuarios do portal da compañía, a Vueling xa lle chegaron cartas de galegos e galegos reclamando unha versión na súa lingua. Mais, malia a promesa de incluíla, van pasando os días e o punteiro do rato do que falabamos antes comeza a cansarse de dar voltas. Sexa como sexa, a situación en Iberia ou Ryanair tampouco está como para botar bombas (o galego está missing).
Vueling ofrece versións da súa web en tódalas linguas do Estado agás en galego
Compartir Este Artigo
