Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Búscanse homes malos. Razón: dontdatehimgirl.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Búscanse homes malos. Razón: dontdatehimgirl.com

Raquel Noya
Publicado: 31/10/2006
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dontdatehimgirl.com.jpg“Non saias con el, nena”: non é o título dunha curtametraxe de escaso orzamento, nin unha parte da conversa entre dúas mozas nun bar calquera, nin é o título dunha novela de intriga, tampouco é unha ameaza; mais si unha advertencia. Coma se dun paquete de tabaco se tratase, dontdatehimgirl.com advírtelles ás mulleres que a visiten das consecuencias que poden chegar a sufrir de saíren con certos homes dos cales se achega completa información. As propias ex mozas e mulleres enganadas de xeito cruel (presuntamente) por eles son as autoras das feroces críticas que se relatan de cada un.
Dende “can traizoeiro” ata “idiota alcohólico”, pasando por “ruín”, “cruel” ou “esperpéntico”, son algúns dos cualificativos que se lles atribúen a estes individuos, ós que, ademais de poñerlles os datos persoais, lles engaden unha “bonita” foto ó carón, para que non haxa lugar a dúbidas e o recoñecemento da “especie” sexa instantáneo.
E se cadra cómpre non pensar que son dous ou tres individuos os que acó figuran; non. Ó parecer, non só as famosas sofren desenganos amorosos e malas experiencias das que falar nos medios. Con só 10 meses de vida, este portal recolle o perfil duns 18.000 homes acusados de “portarse mal” con elas… e tendo en conta que non cobran un peso (todo o contrario do que pasa neste país) por facelo público, o mérito é aínda maior se cabe. Á súa fundadora, Tasha Joseph, de 33 anos, ocorréuselle a idea falando cunhas amigas sobre malas experiencias cos seus antigos mozos e pensou que sería axeitado advertir ás femias do mundo da existencia de seres infieis e de dubidosa moralidade.
Mais o dito portal case chega ó límite entre o legal e o ilegal pois, loxicamente, algunha das informacións que se recollen violan o dereito á intimidade dos acusados, polo que xa foi demandado nos Estados Unidos. Os responsables da páxina web non verifican a veracidade do que se publica e as acusacións que se verten xeralmente fanse dende o anonimato. Iso si: os prexudicados poden refutar as imputación e expoñer a súa propia versión dos feitos, aínda que dentro do propio sitio esta parte non ten tanta visibilidade como teñen as versións das denunciantes.
A idea, aínda que como é de supor non tivo boa acollida entre os homes que alí figuran, foi un éxito multitudinario e xa son 720.000 os membros que poden participar en foros e chats en vivo. Segundo datos da fundadora, a web recibe entre 600.000 e un millón de visitantes ó día e é probable que se lance unha versión en español, polo que moi cedo as mulleres do Estado terán a oportunidade de pendurar todo tipo de trapos sucios das súas ex parellas e desafogarse contando as tristes experiencias que sufriron estando con elas. Mentres tanto, non quedará máis remedio que ler máis prensa do corazón, malia que as que alí figuran non sexan anónimas e cobren grandes cifras por sacar á luz os mesmos trapos que outras sacan de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?