Estaba claro: a iniciativa de LG de tender pontes entre o Blu-ray (de Sony) e o HD-DVD (de Toshiba) non ía ser a única. A empresa surcoreana, que co seu reprodutor dual do que falamos máis abaixo semella poñer un pouco de sentido común nos problemas de incompatibilidade dos dous devanditos formatos (coma o VHS e o Beta no seu día), vén de botarse soa ó centro da sala de baile mais semella que unha boa parte das multinacionais fabricantes agardaban nos seus asentos a que alguén, por así dicilo, gastase pista primeiro. Polo momento temos o caso de Time Warner (de Warner Bros), que presentará a vindeira semana un novo soporte de alta definición compatible cos dous reprodutores da dita discordia. Esta iniciativa de Warner (que non é unha empresa con moito peso no eido dos medios audiovisuais) podería significar o prinicipio da fin da liorta mantida por Toshiba e Sony por controlar o mercado con cadanseu desenvolvemento, unha liorta que, como tódalas deste calibre, acabaría por prexudicar sobre todo ós consumidores. O novo DVD chamarase Total HD e, como é de supoñer, vai ser presentado en sociedade no salón CES de Las Vegas, onde será pasado de man e man. A súa principal vantaxe, como é de supoñer, consiste en que as películas que veñan neste disco poderán ser vistas en calquera dos reprodutores de alta definición que saian de Sony (e partidarios) e Toshiba (e partidiarios).
Time Warner presentará en Las Vegas un novo formato de DVD compatible cos reprodutores de Blu-Ray e HD-DVD
Compartir Este Artigo

