
Isto puído ser posible a través da dita colaboración conxunta: por unha banda entrou en xogo a tecnoloxía de N-Video (streaming, integración de contidos multimedia, audio e vídeo de alta calidade para páxinas web) e, pola outra, os flashes informativos e as valoracións dos analistas reunidos por Faq Mac en España e Lationamérica, en liña cos internautas durante todo o relatorio.
A ocasión, segundo din os responsables da iniciativa, merecía atención abonda: entre outros desenvolvementos, a multinacional informática Apple presentou no salón o agardado iPhone, dispositivo do que xa temos falado nesta mesma web e que semella chamado a ser o eixe arredor do que pivote nun futuro inmediato a industria do lecer dixital. “Estamos moi satisfeitos, xa que grazas ó uso de tecnoloxías abertas puidemos atender unha audiencia de case 5.000 internautas nas tres horas que durou a transmisión en directo, máis os centos de descargas do programa en podcast”, sinala Luís Bou, responsable de N-Video, nun comunicado.
Cómpre subliñar que a tertulia que xirou arredor da conferencia de Steve Jobs xa está dispoñible para os usuarios da Rede en mp3 na web de N-Video. Para N-Video, Faq Mac e unha boa parte dos usuarios de Mac, a intervención do presidente de Apple na devandita feira de San Francisco é sen lugar a dúbidas un dos acontecementos máis interesantes do ano, precisamente polo que ten de xanela á que achegarse e albiscar nin máis nin menos que o futuro da tecnoloxía.
A galega N-Video e Faq Mac reuniron a milleiros de internautas para asistir en liña á conferencia de Steve Jobs en MacWorld
Compartir Este Artigo
