Agora que ó carón das grandes redes sociais semella cernerse unha sombra con feitura de burbulla que medra e medra, unha destas grandes comunidades en liña e, se cadra, a de máis sona na actualidade (en parte por diferentes casos de polémica), vén de sinalar que en breve abrirá a man para compatir algúns beneficios cos usuarios que máis teñan contribuído ó éxito do servizo. Falamos de YouTube, un caso expoñencial de rede ou servizo web que se espalla única e exclusivamente grazas ás vitaminas que lle achegan os internautas, que son o punto de partida e máis o de chegada desta rede social en liña (sen os seus vídeos, á vista de todo o mundo, non hai servizo posible). O anuncio vén da man de Chad Hurley, cofundador de YouTube, quen sinalou que a empresa está a estudar un proxecto para compartir ingresos por publicidade con usuarios que contribúen á páxina. “Consideramos que estamos nun intre no que podemos facelo e seguir contando cunha verdadeira comunidade arredor do vídeo”, dixo Hurley, no marco do Foro Económico Mundial, malia que non afondou polo miúdo nin na cantidade dos cartos que poderán percibir os usuarios nin nas condicións do trato.
YouTube estuda compartir ingresos cos internautas que acheguen vídeos
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Críticas ao uso da IA xenerativa na televisión pública
3 Min de Lectura
Novo número de nosa edición impresa
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- A Xunta aproba a Estratexia Galega de Software Libre para impulsar a innovación, a competitividade empresarial e a mellora dos servizos públicos
- A Xunta convoca novas probas para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais no nivel iniciación
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica ofrece formación en ciberseguridade para un nadal máis seguro
- As persoas maiores de 74 anos que usan internet en Galicia duplícanse en catro anos
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter