A Secretaría Xeral de Política Lingüística quere facilitar nas sedes da Administración española en Galiza o traballo de trasladar a nosa lingua ó castelán, e viceversa. Dito doutro xeito: quere galeguizalas. Con esta finalidade, vén de distribuír o sistema tradutor castelán-galego Es-GL nun total de 136 sedes de institucións públicas do Estado, como son a Delegación do Goberno, as subdelegacións provinciais e distintos organismos ministeriais asentados en Galiza, o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Ente Público de Aeroportos Nacionais e Navegación Aérea (AENA), o Ministerio de Fomento, o Ministerio de Defensa ou áreas funcionais do Ministerio de Administracións Públicas. Segundo apunta a Secretaría Xeral, “este recurso permite a tradución inmediata de documentos do castelán ao galego, cunha alta calidade na tradución e unha velocidade dunhas 90 páxinas por minuto”. Malia todo, o devandito departamento tamén puntualiza que é precisa unha revisión polo miúdo do resultado do proceso da tradución, co fin de que se axuste ben ó agardado.
Política Lingüística distribúe o tradutor Es-Gl en 136 puntos da Administración española en Galiza
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Críticas ao uso da IA xenerativa na televisión pública
3 Min de Lectura
Novo número de nosa edición impresa
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- A Xunta aproba a Estratexia Galega de Software Libre para impulsar a innovación, a competitividade empresarial e a mellora dos servizos públicos
- A Xunta convoca novas probas para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais no nivel iniciación
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica ofrece formación en ciberseguridade para un nadal máis seguro
- As persoas maiores de 74 anos que usan internet en Galicia duplícanse en catro anos
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter