Komunikando, web galega de música independente e non cofinanciada, vén de poñer en marcha un servizo de información e lecer que ben podería constituír o primeiro programa galego en liña da historia (así polo menos vén definido polos pais da criatura). Esta canle, que abrolla directamente da necesidade de erguer novos lugares (e a Rede é un lugar tan bo coma outro calquera) onde xente como David Bisbal ou Manu Tenorio só veñan a conto como exemplos do que non hai que facer, xorde agora cun programa de media hora sobre a escena galega que vai ser presentado por Denis Mutante.
Cómpre sinalar que a vida do colectivo Komunikando na Rede vén sendo ata o de agora unha vida de debate sobre o panorama musical vixente, ó que cuestionan sobre todo polas súas carencias, moitas delas herdadas de “dezaseis anos de pechazón e esquecemento”.
Komunikando pon en marcha o seu programa de televisión na Rede
Compartir Este Artigo
