En Galiza, hai unha boa cantidade de concellos que aínda non ten páxina web, malia o acadado nos últimos tempos. Unha de dúas (ou ás dúas á vez): ou se estiveron a facer as cousas mal dende as administracións (tanto nas locais que están implicadas como nas superiores) ou ben estamos ante unha nova consecuencia da perda de poboación e peso económico de moitos termos municipais do interior da nosa terra. Estes concellos sen presenza na Web representan hoxe en día o 15,55% do total e son na súa maioría rurais e con menos de 35.000 habitantes, segundo informa o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), Plano no que (por certo) inclúese un apartado de estratexias de apoio a estas administracións locais. Estas axudas foron probablemente a causa de que a situación mellorase nos últimos tempos (aínda que quede moito por facer, sobre todo no sentido de darlle de verdade un sentido práctico ás páxinas web): pasouse dun 60% de concellos en liña e a unha porcentaxe do 84%. En total, foron 135 os gobernos locais que se beneficiaron deses apoios económicos da Consellería de Innovación para a creación ou renovación da súa presenza en Internet.
Cómpre sinalar que en todos estas novas actuacións foron postas en xogo ferramentas de software libre. O obxectivo: permitirlles ós concellos meirande control sobre estes recursos e, asemade, rebaixar de xeito notorio o custo das iniciativas (xa que non se esixe o pago das licenzas)
En Ourense, 46 municipios foron obxecto destas axudas, habendo no punto de partida das mesmas (antes de que concedesen) unha taxa de concellos sen web do 58%. Hoxe a porcentaxe está no 29%. En A Coruña e Lugo, beneficiáronse das medidas 46 concellos e en Pontevedra 19.
Medra a presenza de concellos galegos con web, aínda que queda moito por facer
Compartir Este Artigo
