Un grupo de científicos españois vén de desenvolver un sistema para tirarlle máis rendemento ás memorias dos computadores, segundo se refricte estes días no último número da revista Nature Materials. O proxecto, que se apoia no emprego de elementos multiferroicos que achegan de xeito simultáneo propiedades magnéticas e ferroeléctricas, foi deseñado polo Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona.
O sistema, grazas ás devanditas propiedades, pode lograr que cada chip da memoria do computador abranga ata catro combinacións, multiplicando a capacidade amorear datos, segundo sinala EFE, sendo unha soa a combinación “normal” dun ordenador: cero ou un.
Os devanditos catro estados novos que achega o equipo de científicos pódense combinar entre si abrindo as portas para a consecución de dispositivos lóxicos, o que tamén sentaría as bases para a computación de tipo cuántico. Cómpre sinalar que o dispositivo presentado estes días, que se pode controlar de xeito magnético ou con campo eléctrico, permite aforrar consumo de potencia no manexo das memorias, ó empregar un eido eléctrico en troques dunha corrente eléctrica, que é o método corrente para rexistrar a memoria. O único atranco que atopou este grupo de científicos no seu vieiro foi a falta de dispoñibilidade de materiais multiferroicos que poidan ficar inalterables e constantes en condicións normais de temperatura en oficinas ou centros de investigación. Polo momento, as propiedades precisas para conseguir un óptimo rendemento do sistema so se acadan mantendo os materiais por debaixo dos 170 graos centígrados.
Científicos españois deseñan un sistema para multiplicar o rendemento da memoria dos computadores
Compartir Este Artigo
