Malia que existe unha versión de Gmail en galego-portugués, unha boa parte da comunidade de internautas da nosa terra xa está a mover as pezas para conseguir dunha vez por todas unha versión en galego deste servizo de correo electrónico de Google. Co fin de conseguila o antes posible, ArroutadaNoticias está a convocar ós usuarios desta ferramenta para botar unha man de xeito voluntario nos labores de tradución e (sobre todo) nos da supervisión do xa trasladado do inglés ó galego, posto que hai posibilidade de que existan erros ortográficos.
Neste intre, dous dos tres apartados nos que está dividido o proceso están cen por cen completados, estando o terceiro nun 84%. Gmail está dispoñible en 42 linguas de todo o mundo, incluídas a castelá e a catalá. Unha das razóns da tardanza da versión galega ten que ver co feito de que as tarefas son levadas a cabo por voluntarios. Unha vez que estea rematada a recta final do traballo, só queda que Google dea o seu visto bo. Esta é a ligazón ó servizo de tradución de Google.
Arroutada convoca ós internautas galegos para contribuír á tradución do Gmail
Compartir Este Artigo
