O Auditorio de Galicia en Santiago foi o escenario da entrega dos Premios EGANET 2007, os galardóns cos que cada ano (dende hai catro) a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías ás empresas, institucións, colectivos e particulares que máis teñen feito a prol do afianzamento das redes da información na nosa terra. Este ano foron nove as iniciativas galegas galardoadas, entre as que podemos salientar á plataforma mancomun.org, un proxecto posto en marcha pola Consellería de Innovación (a través do CESGA) e as asociacións de usuarios e desenvolvedores de software libre de Galiza. Precisamente, a plataforma foi recoñecida polo seu labor a prol dos programas de fonte aberta e da súa difusión na sociedade e no tecido empresarial galego. Tamén recibiu un premio a web de El Correo Gallego.
O xurado dos premios, constituído por institucións e profesionais do eido tecnolóxico galego, tivo que someter a consideración 163 candidaturas presentadas. O acto de entrega de premios contou coa presenza do conselleiro de Innovación, Fernando Blanco e da presidenta de EGANET, Beatriz Legeren, entre outros representantes do noso tecido tecnolóxico. Estes foron os premiados na cuarta edición deste certame:
· Premio Iniciativa: foi dar a Quobis Networks, empresa de Porriño fundada en 2006 por dous enxeñeiros de telecomunicacións e que destaca segundo o xurado pola súa “capacitación técnica dos seus profesionais nas áreas de integración de sistema IP”.
“ Premio Comunicación Web. Foi outorgado á Editorial Compostela, polo portal do xornal El Correo Gallego.
· Premio Net-Art á empresa Interacción de Vigo, pola web www.deprofundispelicula.com, sitio web oficial do filme do mesmo nome.
· Premio Software Libre para o Centro de Supercomputación de Galicia pola iniciativa mancomun.org, “un punto de encontro das diferentes iniciativas de fonte aberta deseñadas en todos os eidos: institucional, empresarial, educativo e voluntariado”.
· Premio Comunicación Web Institucional. Foi dar á empresa Imaxin de Santiago pola campaña de divulgación da reciclaxe Keco e a busca da Ecopanda.
· Premio Tecnoloxía Accesible. Foi outorgado á iniciativa coruñesa TADEGA, pola web www.tadega.net constituída por profesionais de distintos sectores implicados na educación e dun xeito especial na atención á diversidade e a loita contra a fenda dixital.
· Premio Mellor Campaña Publicitaria na Rede. Foi dar a La Nuestra Comunicación Publicitaria de Oleiros (A Coruña) pola iniciativa da Consellería de Educación E logo ti, que vas facer?
· O Premio á Mellor Aplicación Online foi concedido á empresa Satdata (Culleredo) pola aplicación de Satdata Móbil, solución con Terminal portátil con sistema operativo Windows Pocket PC que transmite a través de GPRS a localización deste aparello e permite a comunicación en dúas direccións.
· O Premio Especial EGANET foi dar ó Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) da Consellería de Innovación, que foi recollido polo propio conselleiro, Fernando Blanco.
Mancomun.org e a web de El Correo Gallego, entre os galardoados nos Premios EGANET
Compartir Este Artigo
