Definitivamente (moitos xa o sabían), Internet vén de gañar en España a partida como plataforma de comunicación fronte á prensa escrita, á radio e á televisión. Non o dicimos nós, senón KPMG Internacional no estudo The impact of Digitalization: a generation apart, que tivo como referencia a situación actual da comunicación en países como Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, España e Holanda e a través de 3.000 enquisados. Segundo se especifica na investigación (que, como tódalas investigacións deste tipo merecerían un estudo a maiores e aparte sobre as súas motivacións e os seus intereses), en España a Rede figura no primeiro lugar como fonte principal de noticias para os cidadáns cunha taxa do 34% e por riba da prensa escrita (26%), a televisión (25%) e a radio (11%).
O estudo tamén achega un dato curioso que, se cadra por primeira vez na historia de Internet, sitúa a España como un país especialmente adiantado no que se refire ó emprego da Rede como subministro de información actual, por diante dos restantes países devanditos, que seguen a preferir a televisión como ferramenta informativa (o 44% dos enquisados). Se isto é verdade, como encaixa o dato co feito de que non estea España precisamente entre o máis avanzado de Europa en materia de afianzamento das novas tecnoloxías da información?
A televisión cede a Internet o primeiro posto como fonte de novas, segundo un novo estudo
Compartir Este Artigo
