Caja Madrid vén de converterse en pioneira no emprego da televisión dixital como canle de comunicación e/ou instrumento de traballo. Así o fixo saber este martes 24, logo dun acordo coa multinacional Microsoft, que vai achegar o proxecto a súa tecnoloxía Windows Media Center vinculada ó sistema operativo Window Vista. Grazas a esta iniciativa conxunta, os clientes da entidade financeira poderan realizar dende os seus fogares e a través dun mando a distancia as operacións bancarias máis frecuentes que normalmente levan a cabo de xeito presencial.
Referímonos a consulta de saldo e tarxetas, extracto de movementos, recarga de móbiles e transferencias, entre outros servizos. Segundo indica Caja Madrid, o sistema (que xa está posto en marcha) ofrece garantías totais de seguridade, e coa vantaxe de que se elimina complexidade con respecto a outros proxectos de semellante índole, xa que non require contrasinais nin nomes de usuario adicionais.
Os clientes de Caja Madrid poderán realizar operacións en liña a través da televisión
Compartir Este Artigo
