A xornalista galega Eva Campos abriu os días pasados unha interesante liña de debate, tanto no seu blog como en Chuza!, referente a como e en que medida os candidatos da nosa terra que concorren nas vindeiras eleccións municipios están a aproveitar as moitas vantaxes que ofrece a Rede. O debate segue aperto, e os veciños tamén teñen cousas que dicir ó respecto. Por exemplo, dende a estragada.com veñen de presentar unha iniciativa que quere cinguir a través da Rede dúas cuestións máis complementarias do que se pode pensar a simple vista: a vida política e a vida dos cidadáns mesmos.
En palabras do colectivo que mantén a dita web estradense, o que se pretende é “facer un encontro cibernético dos alcaldables cos estradenses, empregando un chat que xa se atopa dispoñible”. Por certo que na páxina web xa se habilitou un espazo con completa información sobre a proposta, que é probablemente unha das máis salientables das que se está a poñer en marcha en todo o estado español en materia de cidadanía participativa a través da Rede, máis concretamente da Web 2.0.
A estragada.com propón chats entre os veciños da Estrada e os alcaldables
Compartir Este Artigo
