Seguimos a voltas coa concorrencia dos políticos galegos na Web 2.0 con motivo das vindeiras eleccións municipais. Propostas hai de todo tipo: boas, malas, activas, inútiles, accesibles, claras, mestas. Case todas elas xiran arredor do formato blog máis estándar, que é (por así dicilo) a columna vertebral da dita nova orde de Internet, cuestión que a unha parte dos alcaldables galegos semella que non lles pasou desapercibida.
Eva Campos, a partir dunha entrada na súa bitácora, propuxo a creación dun espazo que compilase todos os cadernos dos políticos de cara ós vindeiros comicios municipais, un espazo que, polas dificultades implícitas á toda tarefa de rexistro, fica cen por cen aberto á colaboración dos usuarios. Podemos ver a listaxe xa no wiki político de Chuza.
Trátase dunha exhaustiva recompilación por provincias e localidades dos cadernos web postos en marcha (ou reactualizados, que de todo hai) polos alcadables galegos. Por certo que tamén está habilitado un sitio para suxestións, ideas, críticas e mesmo para o debate.
Compilados en Chuza! os blogs dos alcaldables
Compartir Este Artigo
