Telefónica vén de lanzar a terceira edición do seu Play Pack, o programa encamiñado a fomentar a responsabilidade no emprego do móbil e a pór freo ás adiccións motivadas por un exceso de uso. É dicir: encamiñado a impedir que o teléfono, ese aparello que che pode conectar a todo o mundo (e cando dicimos todo o mundo, referímonos precisamente a iso), acabe por dominar a vida dos novos da casa. En realidade, o Play Pack non é outra cousa que un teléfono pero con certas características engadidas: listaxes de restrición de chamadas, servizo Localízame, cobro revertido e control de acceso a contidos de adultos de emoción.
Desta volta (porque falamos dunha terceira edición do programa) o teléfono elixido pola operadora para albergar estas funcións é o Nokia 5070, que incorpora xogos educativos do personaxe Sonic de Sega, cámara e radio FM.
Porén, o móbil (que custa de 99 euros para arriba) non vai encamiñado só a botar unha man ós pais no que se refire a poñer un pouco de sentido común entre os mozos e mozas e o seu teléfono, senón que tamén semella ir dirixido a colaborar con actividades comprometidas cos dereitos da nenez. De feito, Telefónica Móbiles doará un euro á causa de Aldeas Infantiles por cada produto vendido.
Play Pack III: Telefónica volve á carga cun móbil a proba de adiccións
Compartir Este Artigo
