Este 17 de maio (Día de Internet), Red.es vai matar dous paxaros dun tiro: por unha banda vai celebrar as vantaxes da Rede para a sociedade e, pola outra, vai poñer en marcha unha nova medida para incentivar o rexistro de dominios “es”. Deste xeito, a entidade do Ministerio de Industria premiará ós internautas que máis enderezos eb rexistren baixo o anterior “sufixo”, ós que primeiro se fagan cun dominio que inclúa a palabra web, Internet ou as siglas TIC seguido do “.es” ou ós que atopen a resposta a unha pregunta que ten reservada para as 12 do mediodía da xornada do 17.
Segundo apunta Red.es, non estará soa nesta festividade e na organización destes certames, xa que contará con 62 axentes rexistradores acreditados e co patrocinio de Muchoviaje, Ya.com, Siemens e Datalogic.
Sobre as 17.00 horas, anuncia a entidade, comezaremos a saber se nos tocou algún premio, entre os que se inclúen videocámaras, videoconsolas, altas en servizos ADSL ou noites en hoteis. Estas e outras actividades de Red.es estarán dispoñibles para a comunidade internauta na web www.planavanza.es.
Red.es premiará este 17 de maio o rexistro de dominios “.es”
Compartir Este Artigo
