
Macía tamén engadiu que o número de webs irlandesas dobra ó das galegas en relación coas nosas poboacións, pois en Galicia só hai 37 webs por cada 10.000 habitantes (fronte ás 76 e Irlanda), sendo máis preocupante a falta de contidos sobre o rural, que non chegan á terceira parte das webs.
Un detalle positivo que si se atopou no estudo de Macía é que as webs en galego son algo habitual no país, mentres que o gaélico nas webs irlandesas é residual.
O relatorio de Macía tamén se pode consultar na Rede:
Destacan que máis do 40% das webs galegas dependen de cartos públicos
Compartir Este Artigo
