Vodafone quere abrirse camiño no mercado dos países en vieiros de desenvolvemento e (tamén), facilitarlles o tránsito cara a era das telecomunicacións. Deste xeito, a operadora vén de anunciar o lanzamento inmimente de dous terminais de baixo prezo fabricados pola firma chinesa ZTE e que terán un custo de entre 20 e 35 euros. Estes móbiles, que segundo Vodafone estarán no mercado nuns quince días, non só serán para a multinacional un xeito de afianzar os alicerces en países onde aínda non achega apenas servizo, senón tamén (di a operadora) un instrumento para a mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
Os mercados de Rumanía, Sudáfrica e Exipto serán os primeiros en acceder a estes trebellos, que logo chegarán tamén a India, Tanzania ou Kenia. Os modelos elixidos serán o Vodafone 125 (con pantalla en branco e negro) e o Vodafone 225 (con pantalla en cor).
Vodafone lanzará móbiles de 20 euros para países en desenvolvemento
Compartir Este Artigo
