Tras varios días con rumores sobre o asunto, confírmase
que Google
merca Feedburner por uns 100 millóns de dólares en efectivo, de xeito que a
compañía de Brin e Page controlará ó servizo de administración de fluxos RSS
que xestiona actualmente unhas 721.074 fontes (non só de blogs, senón tamén de grandes medios como a axencia Reuters ou IDG), así como tamén xestiona
publicidade en blogs e incluso leva unha canle de publicidade en español.
Agárdase que os negocios publicitarios de Feedburner
se integren en Adsense, e os seus servizos de estatísticas fagan o propio con
Google Analytics.
Google merca Feedburner
Compartir Este Artigo

