Ó longo do vindeiro outono, todos os xulgados de paz galegos serán obxecto dunha remodelación no que se refire ó seu equipamento tecnolóxico. Así o fixo saber a Consellería de Presidencia, que se encargará de xestionar estas melloras na dotación informática dos 270 xulgados de paz de Galiza e, tamén, de achegarlles os equipos de impresión. Cómpre sinalar que esta iniciativa é froito dun acordo asinado entre a Xunta e Red.es, entidade do Ministerio de Industria que, pola súa parte, encargarase da instalación de 375 ordenadores nos postos de traballo destas oficinas, incluíndo tamén labores de asesoramento e formación.
Salientar que este convenio ten como obxectivo principal poñer en liña o Rexistro Civil, amais de traballar a prol dunha “xestión rexistral tecnoloxicamente avanzada”.
Presidencia destinará 686.729 euros nesta iniciativa. Red.es compremeteuse a executa e financiar, xunto co Ministerio de Xustiza, as medidas precisas para a gravación e dixitalización dos libros rexistrais, coa colaboración da Xunta. O investimento total será de 1.373.458 euros. Na imaxe, o Xulgado de Paz de Cercedo.
Presidencia e Red.es informatizarán 270 xulgados de paz galegos
Compartir Este Artigo
