Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O reprodutor de vídeo de YouTube podería incorporar melloras en breve
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

O reprodutor de vídeo de YouTube podería incorporar melloras en breve

Marcus Fernández
Publicado: 28/05/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Acceso aleatorio nos vídeos de YouTube
Acceso aleatorio nos vídeos de YouTube
Trala adquisición do servizo de vídeos na Rede YouTube por parte de Google os usuarios apenas percibiron ningún cambio, pero segundo publican en varios blogs, están a traballar nunha actualización do reprodutor de vídeo de YouTube que se integra nas páxinas web dos seus usuarios, para integrar características das que xa gozaba o reprodutor de Google Video.
Así, os vídeos de YouTube non se terán que ver forzosamente de principio a fin, senón que será posible navegar polos vídeos ata posicións en concreto (e incluso definir ligazóns que leven directamente a ese punto do vídeo), non tendo que agardar á pre-carga dos fragmentos de vídeos anteriores.
O HTML para incrustar os vídeos nas nosas webs será doado de achegar
O HTML para incrustar os vídeos nas nosas webs será doado de achegar
Pero as melloras do reprodutor non se cinguen ás características de Google Video, senón que comezaría a incorporar funcións que melloran o popular reprodutor de vídeo para competir con outros competidores, como podería ser a visualización de miniaturas sobreimpresas de vídeos relacionados co que se está a ver (que permiten navegar entre varios vídeos sen cargar páxinas distintas) e mesmo a posibilidade de achegar o código HTML que permiten incrustar os vídeos en páxinas webs e blogs sen ter que visitar o sitio de YouTube, aforrando tempo ós usuarios.
Non se coñece o que tardará YouTube en incorporar estas novas funcións, pero de seguro que os usuarios as acolleran de bo grado, xa que pese á existencia de servizos de calidade superior, o volume de clips no servizo de vídeo o converten nun líder absoluto, que de mellorar en prestacións consolidará a súa posición durante máis tempo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?