
Fernández Antonio asegurou que “a lei responde a un novo modelo de Goberno caracterizado pola transparencia e o control rigoroso do gasto público” para evitar “calquera tipo de prácticas clientelares”.
En relación á transparencia informativa hai que destacar que tódalas subvencións outorgadas deberán ser publicadas a través do Rexistro Público de xeito que o destino dos recursos públicos estará accesible a calquera cidadán a través da Internet.
As novas tecnoloxías tamén xogarán un papel importante para axilizar a xestión administrativa xa que a presentación, a tramitación e a xustificación das axudas se poderán facer por medios telemáticos para simplificar o papeleo e eliminar os trámites innecesarios.
A Xunta permitirá facer un seguimento das súas subvencións a través da Internet
Compartir Este Artigo
