A entidade Axesor, especializada no subministro de información empresarial por Internet, vén de presentar un estudo sobre o investimento nas empresas tecnolóxicas galegas realizado ó longo do 2006, no que asegura que “se obtivo un crecemento do 45 por cento”.
Con 163 empresas deste tipo en toda a Comunidade e cunha media de 16 empregados por empresa, as ventas xeradas por este sector aumentaron nun 32 por cento ó longo do pasado ano, aínda que os beneficios finais descenderon un 9 por cento, debido á forte inversión rexistrada en activos.
Este informe recolle os datos sobre a actividade empresarial galega ó longo do conxunto do pasado ano, como complemento ó informe xeral “Axesor Radar 2006” para toda España e proporciona tódalas cifras referentes a constitucións, disolucións, escisións e fusións empresariais en sociedades mercantís das catro provincias galegas.
Segundo se reflexa no“Axesor Radar Galicia”, ó longo do 2006 constituíronse no noso país 6.893 sociedades novas (150.113 en toda España) fronte ás 6.482 de 2005, o que equivale a un 6,34 por cento máis respecto ó ano anterior. Por outra banda, o incremento anual de creación de empresas foi dun 8,65 por cento, ó pasar de crear 138.189 empresas no 2005 a máis de 150.000 no 2006; con estas cifras, Galicia sitúase 2,31 puntos por debaixo da media nacional e mantén o quinto posto como a Comunidade Autónoma do conxunto do Estado con máis actividade empresarial, tras Cataluña, Madrid, Andalucía e a Comunidade Valenciana.
Segundo as verbas do director xeral de Axesor, Santiago Martín Muñoz, “Galicia demostrou estar capacitada para estar á vangarda profesional no conxunto do Estado e, como tal, o sector tecnolóxico é punta de lanza destacada neste avance”.
Foto extraída da web da Asociación de Empresarios de Mos.
A inversión nas empresas tecnolóxicas galegas medrou un 45 por cento en todo o 2006
Compartir Este Artigo
