O portal de intercambio de fotografías, Flickr, propiedade do grupo Yahoo!, vén de lanzar novas versións da súa páxina web en español e en outros seis idiomas a fin de achegarse mellor ós usuarios que proceden de países de fala non inglesa (máis da metade do total).
A posta en funcionamento deste sete novos portais forman parte da estratexia do grupo de achegarse ás comunidades locais de países como Alemaña, Francia, Italia, Portugal, Corea ou China e integralas nun sistema que almacena un millón e medio de fotos cada día.
Flickr, creado en Canadá en 2002 e adquirida polo grupo Yahoo! tres anos despois, dispón hoxe dunha base de datos de máis dun billón de imaxes penduradas por preto de 8,5 millóns de usuarios que se rexistraron para compartilas co resto de internautas.
Mediante esta estratexia de expansión, unha das “prioridades de Yahoo” dende facía tempo, o portal de intercambio de fotografías asegura a súa evolución na Rede pois os responsables da mesma tiveron en conta os países con máis usuarios e con máis potencial de crecemento á hora de traducilos a outros idiomas.
Flickr lanza varias versións da súa web: en español e en outros seis idiomas
Compartir Este Artigo
