
O Opera Mini 4 Beta funciona en calquera terminal de telefonía móbil con soporte de Java e permite que estes terminais con pouca memoria poidan acceder a complexas webs valéndose para o mesmo dun servidor proxy que trata as páxinas para adaptalas ó móbil (reducindo o seu tamaño entre un 70 e un 90%.
Co novo navegador podemos ver unha visión completa dunha páxina web para facer zoom sobre partes específicas, de xeito que logo nos podemos desprazar sobre a web mediante un cursor virtual.
Destaca o feito de que Opera Mini 4 Beta é de balde, o que supón un xeito moi atractivo de aumentar a capacidade de navegación dos terminais de telefonía móbil de baixa e media gama.
Podemos ver unha demostración do novo navegador na seguinte animación:
Opera Mini 4 Beta mellora a navegación web dende o móbil
Compartir Este Artigo
