Hai ano e medio o Goberno francés recomendou ós seus políticos que deixaran de empregar teléfonos con tecnoloxía BlackBerry por supor un risco para a seguridade, xa que as mensaxes intercambiadas a través destes terminais circulan por servidores sitos nos EE.UU. e Reino Unido, polo que estarían expostos á espionaxe da NSA.
Agora, o novo gabinete de Nicolas Sarkozy podería converter a mera recomendación nunha prohibición (como xa pasou en Australia) pois as comunicacións dos políticos franceses estarían seriamente comprometidos polo uso da tecnoloxía da empresa canadense RIM, e están a estudar unha alternativa máis segura.
Dende RIM aseguran que as comunicacións dos seus terminais son seguras, pois empregan encriptación AES 256 e mesmo sosteñen que non sen quen de espiar as comunicacións dos seus clientes, aínda que algúns apuntan ó feito de que tal seguridade informática si podería ser violentada pola Axencia Nacional de Seguridade (NSA) dos EE.UU.
Francia quere evitar que os seus políticos utilicen terminais Blackberry
Compartir Este Artigo
