
Foi o eurodeputado David Hammmerstein o que consultou sobre a práctica da pesca con redes de arrastre nos fondos de area da praia de Sotavento en Fuerteventura (como se aprecia nas imaxes de satélite) o que está prohibido nas illas e, aínda que sexa España quen debe velar polo cumprimento da regulación pesqueira nas súas augas, a Comisión tamén pode realizar as súas propias inspeccións e tomar medidas se é preciso.
Os Verdes piden así máis vixilancia ó goberno canario, así como a aplicación da lei nos espazos mariños que “aínda protexidos no papel, seguen agredidos a plena luz do día e dos satélites”.
Google Maps permite denunciar a pesca ilegal en Fuerteventura
Compartir Este Artigo
