Telefónica Telecomunicaciones Públicas substituirá paulatinamente a quinta parte dos seus 50.000 teléfonos públicos, especialmente “en grandes cidades e lugares da costa”, por unhas novas cabinas moito máis robustas que as tradicionais e permiten recargar móbiles, mercar tarxetas de tráfico internacional e Wi-Fi, permitirán efectuar doazóns a distintas ONG e enviar SMS, faxes e correo electrónico. Ademais, incorporarán en breve servizos de descarga de contidos para móbiles (música, xogos, logotipos, tons, temas e imaxes) aínda que a principal novidade será a súa pantalla (moito máis grande) e aceptan moedas de ata 2 céntimos aínda que non darán cambio.
Estas novas cabinas xa se veñen probando dende hai 6 meses (hai 800 instaladas) e esta nova operación de implantación precisará dun investimento total duns 6 millóns de euros, aínda que a filial de Telefónica tamén poderá aproveitar estes novos terminais multiservizo coma soporte publicitario multimedia (tanto no curso das chamadas coma en momentos de inactividade).
Telefónica renovará as súas cabinas
Compartir Este Artigo
