Weblogs S.L. estreou un novo blog, Poprosa, dedicado ó mundo dos famosos, guapos, ricos e célebres, ou sexa, dos típicos personaxes da prensa rosa, ós que se achegarán dun xeito desenfadado procurando escapar dos contidos casposos.
Así, os que queiran ver as primeiras fotos de Paz Vega en tanga tras dar a luz, coñecer á nova moza de Ronaldo ou coñecer detalles dunha posible crise de parella de David Bisbal e Elena Tablada terán unha nova web na que informarse deste tipo de temas.
Estrean un novo blog sobre o famoseo
Compartir Este Artigo
