Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ábrese a posibilidade de que Santiago e Lugo se fagan con dominios .mobi de seu
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Ábrese a posibilidade de que Santiago e Lugo se fagan con dominios .mobi de seu

Marcus Fernández
Publicado: 10/07/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lugo.mobi.jpgO sufixo .mobi sirve para identificar páxinas web que se poden ver dende o móbil, xa que este dominio de primeiro nivel ten unhas normas que forza que as webs baixo o mesmo cumpran cunha serie de requisitos que as fagan doadas de interpretar por dispositivos móbiles, e para evitar conflitos, a empresa responsable do puntoMobi reservou 650 nomes de dominio con nomes de cidades deixándoos a disposición dos concellos correspondentes, entre os que están cidades españolas coma Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Granada, Zaragoza, Lugo ou Santiago.
As cidades que desexen facerse con estes dominio deben comprometerse a publicar información para móbiles nun prazo de 60 días dende a concesión do nome do dominio (así como cumprir coas especificacións técnicas da devandita web) e presentar un plan de promoción do nome de dominio móbil (que incluiría un acto de presentación para a prensa local, a emisión dun comunicado de prensa conxunto entre o concello e dotMobi e un investimento mínimo de 2.000 euros en actividades de promoción).
O día 20 de agosto abrirase o proceso de solicitude para estes dominios reservados, no que os concellos deben argumentar o uso que farán do dominio (con novos servizos e contidos cun enfoque local que convertan o espazo nun lugar de interesa para achegar información tanto os cidadáns coma os turistas).
Agardamos que se sume a esta iniciativa o Concello de Lugo, pois xa tiña unha serie de servizos para móbiles, e ten aquí unha nova vía de promoción da cidade, pero descoñecemos se Compostela será a cidade que se faga co dominio Santiago.mobi, posto que comparte nome con outras cidades de sona mundial, pero de ser así podería sería moi axeitado, xa que a capital de Galicia xa conta cunha web adaptada a móbiles.
Concellos galegos coma Ourense e A Coruña xa teñen o seu domino .mobi, aínda que noutros casos (vigo.mobi, ferrol.mobi ou santiagodecompostela.mobi) este dominio está rexistrado por persoas alleas ó concellos correspondentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?