Os usuarios galegos de equipos de Apple poderán celebrar o vindeiro xoves a apertura dunha nova tenda galega da súa marca favorita, pois AS Computer (Apple Premium Reseller) abrirá un novo punto de venda no centro de Vigo, na praza Porta do Sol, 9.
A nova tenda permitirá ós compradores de Vigo achegarse a coñecer e experimentar os innovadores produtos e solucións de Apple nun ambiente innovador e moderno. Así, dende os ordenadores Mac ata os reprodutores iPod (e os seus accesorios) teñen agora un novo escaparate vigués, que durante o día da inauguración se completarán con ofertas especiais e promocións.
Ademais, o centro contará periodicamente con demostracións e cursos de formación como xa viñan facendo na tenda compostelá de AS Computer.

AS Computer abre unha nova tenda en Vigo
Compartir Este Artigo
