Un novo servizo, Blog2Print, permite gardar as entradas dos blogs no servizo de Google en formato PDF coma se fose un libro, incorporando tanto o texto como as imaxes, nunha sinxela operación na que só hai que introducir o enderezo do blog, o rango de datas que se queren gardar, a orde cronolóxica (ascendente ou descendente), a imaxe que queremos na portada e mesmo unha dedicatoria, de xeito que se pode ver logo dende o navegador a xeito de vista previa, de xeito que os usuarios conformes co resultado poderán mercalo en formato impreso grazas ó sistema de impresión baixo demanda de SharedBook, o que permite facerse cunha copia en tapas dura ou branda.
Por desgraza este sistema só funciona para blogs en inglés hospedados en Blogger (xa que aproveita a API do servizo para capturar os seus contidos) aínda que non sorprendería que nos vindeiros meses se adaptase o sistema para outras plataformas semellantes (como as baseadas en WordPress).
Blog2Print converte os blogs en libros
Compartir Este Artigo
