O Auditorio de Galicia acolleu o pasado mércores 11 a presentación da curtametraxe Rosa dos Ventos, do santiagués Jairo Iglesias, a primeira peza galega destas características que se proxecta con tecnoloxía de Alta Definición, concretamente co sistema 1090i, segundo informa a produtora Mr Misto Films. O obxectivo era o seguinte: conseguir que os preto de 200 asistentes á estrea gozasen coa calidade intrínseca da peza e, a maiores, cunha claridade de imaxe nunca antes vista na proxección dunha curta. Asemade, a intención de Mr Misto con esta iniciativa é implantar paseniño este sistema na súa rede de distribución e nas estreas dos seus produtos.
Mr Misto proxecta en Santiago A Rosa dos Ventos con tecnoloxía de Alta Definición
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter