Un espazo de cooperación entre institucións públicas e empresas destinado a impedir a que a Sociedade da Información cree máis barreiras sociais das que (por desgraza) xa existen. Esta é a gran finalidade do Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade que foi presentado este martes 17 en León e que formará parte das instalacións de Inteco. No proxecto, que máis polo miúdo servirá para pór en marcha iniciativas innovadoras en materia de adaptación de tecnoloxías para persoas con discapacidade, participan o Ministerio de Traballo, o de Industria e as empresas Dragados, El Corte Inglés, Fundación ONCE, Philips, Telefónica e Vodafone.
Os oito promotores do Centro desenvolverán en León traballos encamiñados a eliminar barreiras dixitais e impulsarán, ademais, “a visibilidade internacional da tecnoloxía española de accesibilidade, potenciando os procesos de cooperación coa industria en proxectos de Investigación e Desenvolvemento”, sinala o Ministerio de Industria.
Industria presenta un centro de investigación para favorecer o acceso á Rede dos discapacitados
Compartir Este Artigo
