Un acordo entre free-hotspot.com e MeshHopper permitirá que os londinienses e turistas que estean á beira do río Támesis poidan conectarse á Rede mediante Wi-Fi de balde, financiándose o servizo cun anuncio que aparecerá na pantalla do usuario entre 15 e 30 segundos por cada cuarto de hora de conexión.
Os usuarios que queiran prescindir da publicidade poderán pagar polo servizo tanto por horas soltas (a 2,95 libras a hora) ou mediante un bono mensual (de 9,95 libras), aínda que tamén hai que subliñar que as conexións de balde van a 256 Kbps, mentres que as de pago chegan a velocidades de ata 500 Kbps.

Londres con Wi-Fi de balde nas beiras do río Támesis
Compartir Este Artigo
