A empresa Egatel (con sede en Galiza) está a achegar tecnoloxía de Televisión Dixital Terrestre (TDT) a Finlandia, concretamente á compañía de telecomunicacións Vasa Telephone Company para o subministro e posta en marcha dunha rede encamiñada a dar servizo a uns 30.000 cidadáns de Vasa e os seus arredores. Egatel, que cubre con este proxecto unha área de 9.000 quilómetros cadrados, informa que a achega de material e os traballos dos operarios procedentes de Galiza (encargados de supervisar os procesos de instalación e levar a cabo a posta en marcha do sistema) finalizarán a finais deste mes de xullo.

Segundo informa Egatel, o factor que máis influíu na elección dos seus servizos de entre os que subministra unha gran morea de empresas europeas do sector foi a visita no mes de marzo dunha delegación de VTC ás instalacións que a empresa galega ten no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), onde a firma finesa puído comprobar in situ o funcionamento real dos equipos de Egatel.
Para a firma con sede en Ourense, a iniciativa sitúa a VTC nun potente mercado, o da TDT, estando previamente especializada en servizos de telefonía, banda ampla e televisión por fíos.
A galega Egatel leva a Finlandia tecnoloxía de acceso á Televisión Dixital Terrestre
Compartir Este Artigo
