Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A filtración á Rede do último libro de Harry Potter provoca unha absurda reacción por parte do editor norteamericano da obra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

A filtración á Rede do último libro de Harry Potter provoca unha absurda reacción por parte do editor norteamericano da obra

Marcus Fernández
Publicado: 19/07/2007
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

libro_potter.jpgA publicación na Internet do último libro de Harry Potter antes da súa publicación continúa a dar que falar, pois a repercusión que está a dar a filtración da obra está a ser global, aínda que non se sabe ata qué punto pode iso afectar ás vendas (en anos anteriores incluso apareceron versións traducidas ó español moitos meses antes da súa edición en España). Pero o máis polémico de todo o asunto é que Scholastic, o editor norteamericano dos libros de J.K. Rowling, está a remitir notas a responsables dalgúns importantes blogs coma TechCrunch, nas que piden “expeditivamente o borrado ou desactivación do acceso ó material” do que se estarían infrinxindo os dereitos de copia, o que resulta sorprendente, xa que na meirande parte dos casos os distintos blogs se limitan a comentar que o libro está a circular por redes P2P e mesmo critican a mala calidade da copia, que en vez de partir dunha dixitalización das páxinas consiste en fotografías de difícil lectura.
Precisamente o feito de que o libro estea baseado en instantáneas tomadas cunha cámara dixital podería ter máis relevancia do que puidera parecer pois, por unha banda, fai que a copia sexa convincente (fronte a outras copias falsas que circularon antes) e, por outra, podería permitir a identificación da persoa que está detrás da filtración, pois os ficheiros inclúen identificadores que determinan que as fotografías se tomaron cunha cámara Canon Rebel 350 co número de serie 560151117 de xeito que, se a cámara pisou un servizo técnico nos últimos anos (trátase dun modelo vello) podería levar ó seu dono.
Se ben a identificación do responsable directo da filtración parece algo lóxico, matar ós mensaxeiros que avisan da aparición do libro na Internet resulta pouco axeitado, e podería indicar o descoñecemento do funcionamento das redes P2P por parte dos responsables legais de Scholastic (que parecen ignorar que os contidos non están baixo o control de ninguén en concreto, polo que resulta practicamente imposible evitar o acceso ós mesmos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?