
A instalación desta nova ferramenta apenas leva 10 minutos, e o seu prezo e de 100 dólares para webs cun volume de 500 páxinas ata os 500 dólares que debería pagar unha empresa cun máximo de 50.000 páxinas.
As vantaxes que a Google Custom Search Business Edition presenta para as pequenas empresas son as seguintes:
- O motor de busca está hospedado por Google, de xeito que non se precisa desta tecnoloxía no servidor web
- Cóntase coa dispoñibilidade e potencia das infraestruturas de Google
- Precisión nos resultados
- Personalización completa mediante unha API XML
- Informes para ter unha visión sobre o comportamento dos visitantes
- Opción de contar con soporte telefónico e por correo electrónico
- Poder elixir se contar ou non con publicidade
