Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Innovación move ficha para convocar a máxima participación na Semana da Ciencia 2007
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Innovación move ficha para convocar a máxima participación na Semana da Ciencia 2007

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/08/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ciencia.jpgXa se ve a Semana da Ciencia ó lonxe. Chegará en novembro e, uhna vez máis, nin será só unha semana nin se falará unicamente de ciencia. De feito, as actividades (a celebrar en toda Europa) desenvolveranse en Galiza do 5 ó 18 de novembro e as cuestións a tratar son tan diversas que se precisan múltiples formatos e canles: cafés científicos, visitas guiadas, obradoiros, excursións, ciclos de cinema e teatro científico. En definitiva, a Semana da Ciencia xirará arredor do saber humano, de todo aquilo que ten beneficiado á nosa calidade de vida procedente dos centros de investigación e, tamén, de tecnoloxía (o tema que nos ocupa). Co obxectivo de que na nosa terra cunda este coñecemento ata onde sexa posible, a Consellería de Innovación (institución encargada da organización en Galiza) vén de convocar a todos os axentes sociais a participar nas súas actividades.
Neste senso, as entidades interesadas en participar teñen xa neste sitio un espazo habilitado para rexistrarse. Poderán concorrer centros de investigación, universidades, asociacións cidadás, ONGs, administracións públicas, museos, fundacións, hospitais, empresas, etc.
Innovacion, co obxectivo de “ofrecer unha programación de calidade”, seleccionará as actividades que formarán parte da Semana da Ciencia en Galicia 2007 seguindo os seguintes criterios: adecuación aos obxectivos xerais da Semana da Ciencia en Galicia, gratuidade, interese científico e social, calidade e orixinalidade da proposta, adecuación á tipoloxía de actividades descrita e a participación activa do visitante na actividade.
O departamento que dirixe Fernando Blanco tamén se encargará de “coordinar e asesorar aos centros participantes, promocionar e difundir mediante distintos medios publicitarios e informativos a Semana da Ciencia 2007 e as súas actividades e de xestionar a páxina web da Semana da Ciencia (www.semanadaciencia.org) con información de todas as actividades seleccionadas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?