Posible imaxe do móbil con Google integrado fabricado por LGGoogle parece ter claro que os móbiles van supor un importante mercado para a publicidade no futuro, e así está a realizar fortes investimentos no sector e a pechar acordos con distintas operadoras de telefonía móbil coma T-Mobile, AT&T ou Verizon, aínda que en Europa xa hai tempo que moitas operadoras inclúen o acceso a Google dende o menú dos seus terminais ou dende os seus portais móbiles. A todas estas negociacións haberá que sumar que Google podería dar servizos nunha nova rede sen fíos (baseada en WiMax) que está a construír Sprint en EE.UU., e o feito de que LG podería estar a preparar móbiles coa marca de Google (de xeito que estarían preconfigurados para o uso do popular buscador) aínda que temen que outros fabricantes de terminais fagan o propio con buscadores alternativos. Rumoréase que Google está a amosar un prototipo de LG para a súa comercialización por parte das distintas operadoras de telefonía. Algúns deseños do Gphone que se ven na Rede son moi atractivosO fabricante HTC tamén se comprometeu con Google para ter un móbil baseado en Linux listo a primeiros de 2008, polo que o panorama parece estar moi concorrido, e todo apunta a que Google pretende lanzar a súa propia liña de terminais para os que se adaptarían tódolos seus servizos (dende o buscador web ata os mapas), agardando que tódalas operadoras de telefonía os comercialicen, aínda que tamén se afirma que os prototipos que está a amosar Google non resultan tan revolucionarios coma o iPhone e mesmo ven con escepticismo o negocio do móbil que parece procurar Google. ¿Chegará pronto o móbil de Google (que algúns xa chaman Gphone)? ¿Será un produto revolucionario? Ata o momento todo son rumores e poucas cousas se poden concretar, pero se 2007 foi un ano marcado polo lanzamento de 2007 todo parece indicar que Google quere ser quen marque a diferenza en 2008.