
O texto pretende abarcar a revolución social que se está a vivir na Internet, e que afecta a campos diversos como a publicidade, a tecnoloxía, a empresa, a cultura, a educación… polo que o grupo de autores é moi heteroxéneo, podendo destacar a presenza de videoblogueiros coma Eduardo Collado e Eduardo Hombrelobo Pérez, a podcasteira e profesora universitaria Sonia Blanco, Rubén Colomer (de Online), o domainer Ferrán Arricivita, Javier Martín de Loogic, así como os galegos Jesús Amieiro (director técnico de Agatel Ingenieros) e o doutor en Bioloxía e profesor da UDC Juan Freire.
BlogBook apoiarase nun blog, un wiki e un foro para o desenvolvemento do traballo interno de creación do libro colaborativo, que nos lembra a Blogs. La conversación en Internet que está revolucionando medios, empresas y ciudadanos, que tamén contaba cun galego coma autor (Juan Varela) e que vén de publicarse traducido ó portugués.
BlogBook: novo libro colaborativo sobre a revolución social
Compartir Este Artigo
