
Jay Bhatti, cofundador de Spock.com, xa anunciara o seu servizo na Web 2.0 Expo que se celebrou en San Francisco no mes de abril (e que lle valeu duras críticas polo seu sexismo), e asegurou que a súa plataforma de busca non se basea en documentos web (texto, imaxes ou vídeos) senón que busca persoas, contando xa con datos de máis de 100 millóns de persoas, para o que precisaron do investimento duns 7 millóns de dólares.
Bhatti tamén afirma que os usuarios poderán controlar os contidos sobre a súa persoa, podendo eliminar a información que lle afecte, así como acceder ás fontes da mesma.
Spock.com estrearase este mes coma un buscador de persoas
Compartir Este Artigo
