Investigadores da Universidade Politécnica de Murcia veñen de idear un software que se descarga no móvil e co que se crea unha rede pechada a través da que se poden comunicar un grupo concreto de persoas.
O sistema está baseado no emprego de Wi-Fi e o único que se precisa para poder acceder ó servizo é que o móbil dispoña de Java e dunha antena Wi-Fi. Esta tecnoloxía de conectividade sen fíos ten un alcance de cen metros e permite que dous móbiles (de orixe e de destino) poidan desempeñar funcións de reenvío da información sempre e cando se atopen na área esixida.
A aplicación, denominada Salta 2.0, comercialízase a través de Internet e para descargala no terminal hai que copiala no escritorio do ordenador para logo almacenala na memoria interna do teléfono (ou nunha tarxeta externa). O seguinte paso para enviar SMS de balde con Salto 2.0 é crear a rede, de xeito moi sinxelo, seguindo as instruccións que se achegan na web.
A recepción dos SMS prodúcense cun sistema de puenteado a través dos contactos da axenda do teléfono que sí teñan cobertura nese momento e que estean próximos dabondo.
Esta ferramenta está dirixida a grupos de usuarios de entre 6 e 15 persoas cunha movilidade pequena aínda que os seus creadores están estudiando a optimización do software en función do número de usuarios, a súa velocidade e a eficiencia enerxética dos terminais.
O seu prezo é de seis euros por licenza.
SMS de balde para móviles sen cobertura con Salta.2.0
Compartir Este Artigo
