Os responsables de Megaupload soben o tren do vídeo na Rede e queren facerse cos usuarios de YouTube para o seu servizo Megavideo, que se promociona mediante 10 razóns polas que é mellor que o sistema de vídeos de Google:
- paga ós usuarios polos seus vídeo e contan cun exclusivo programa de premios
- os usuarios poden facerse integramente coas comisións por publicidade
- a web está adaptada a 20 idiomas
- permite personalizar o aspecto do reprodutor de vídeos integrable en blogs e webs
- non limita a duración dos vídeos
- converte rapidamente os vídeos remitidos (sempre en menos de 30 minutos)
- carga de arquivos por lotes mediante unha aplicación informática ou unha barra de ferramentas
- posibilidade de descargar os vídeos no seu formato orixinal (só usuarios Premium)
Rematan as súas razóns asegurando que dende Megavideo queren máis ós seus usuarios.
O servizo apenas presenta novidades reais con respecto a outras plataformas semellantes, destacando que teña funcionalidade de pago e que achegue sistema de acadar beneficios publicando vídeos na Internet.
Vídeo coas expossicións de razóns polas que Megavideo sería mellor que YouTube
